Tan Leve

Laura Knight - Self Portrait and Nude (1913) National Portrait Gallery (London, UK)


Había que chegar, había que chegar pra ser.

Había que deixar o que nacera,

o que iba medrando.

Había que deixalo.

Había que chegar.

Había que deixar a cume,

cume de quenturas,

cume que vive baixo a ponte das loitas,

baixo remos que viven no olvido do ben,

baixo a cruz que nos desina o tempo,

baixo a terra que apresada nos vai decindo,

nos di:

               "Había que chegar"


De cando en cando a miña cume fala soia,

volve ó seu e logra del,

logra a resposta do vecín-peito enfermo,

peito que se espaia recio pra aquel outro que non ten cura,

peito feito dela que chega a nós,

peito que volve a cume ó seu,

súa infancia tecedeira,

súa primeira mirada que veu luz,

seu mañán en onte xa feito,

seu día craro:

toda a verdade das cousas.

               ¡Anos poucos. Ouh!


Do libro Verba que Comeza



Tiven medo de bogar,

tiven medo de auga crara.

Anque fora cuns bos remos

anque fora na mar calma,

¡non bogaba!, ¡non bogaba!


O medo xa non sei del.

Xa secou aquel mar longo.

E sin saber donde veu,

si é doutro ou é meu,

navego nun mar de fondo. 


Do libro Palabra no Tempo

Maria Mariño



"Polo esprito da escritora, pola fría tona da montaña, decorren as arelanzas compañeiras do esprito dende o mencer deica o adeus. Ela sabe achegarse a elas e egaiolalas. Non han de ser de moitos entendidas. Precísase un noviciado de soedade e silencio".

Otero Pedrayo 

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Palavra

Átimo Sempre

Herbarium Amoris